Letras Galegas 2009

Letras galegas 2009

Letras galegas 2009

O domingo día 17 de maio de 2009 a Asociación Cultural Aira das Mantas de Maceda con motivo da celebración do Día das Letras Galegas organizou o seguinte programa de actividades:

Durante todo o día liberación de libros no entorno da praza de Maceda.
Ás 12:30 da mañá, na praza, apertura da segunda edición da Feira do Libro que este ano contará co escritor-historiador macedán Santiago Prol para firmar o seu último libro: “Nobres Vencellados ao Castelo de Maceda”
Ás 5 da tarde, a cargo do grupo “Trebellos” obradoiro de animación a lectura con participación activa de rapaces e rapazas.
A continuación e xa para rematar a proxección da película de animación galega: “O soño dunha noite de san Xoan”.