O galo da Derena

O_galo_da_Derena

Portada do conto

Hai moito tempo, cando os animais falaban, nas noites de inverno a carón da lume, contaban contos e lendas os avós e as avoas ós seus netos e netas.
Ó longo dos anos foron transmitíndose, ó tempo que se foron localizando nos lugares onde se contaban e, con pequenas variantes, atópanse estes contos espallados por terras galegas e portuguesas.
Estes contos son unha parte da nosa tradición oral, xurdida dos nosos devanceiros, e para que non se perdan, a Asociación cultural Aira das Mantas, quere dalos a coñecer ós nenos e nenas.
“O galo da Derena” é o terceiro conto da colección Contos de Sempre. Conto de tradición oral publicado pola Asociación cultural Aira das Mantas, recollido por Luis del Campo Prol con ilustracións de Higinio Castillo Gómez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *