A cegoña e a raposa

Portada

Portada do conto

Hai moito tempo, cando os animais falaban, nas noites de inverno a carón da lume, contaban contos e lendas os avós e as avoas ós seus netos e netas.

ó longo dos anos foron transmitíndose, ó tempo que se foron localizando nos lugares onde se contaban e, con pequenas variantes, atópanse estes contos espallados por terras galegas e portuguesas.

Estes contos son unha parte da nosa tradición oral, xurdida dos nosos devanceiros, e para que non se perdan, a Asociación cultural Aira das Mantas, quere dalos a coñecer ós nenos e nenas.

Comeza hoxe, 17 de maio de 2009 a coleción Contos de Sempre con “A cegoña e a raposa”, conto de tradición oral publicado pola Asociación cultural Aira das Mantas, recollido por Luis del Campo Prol con ilustracións de Belén Suárez Leal.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *