O can e a raposa

O can e a raposa

Portada do conto

Hai moito tempo, cando os animais falaban, nas noites de inverno a carón da lume, contaban contos e lendas os avós e as avoas ós seus netos e netas.
Ó longo dos anos foron transmitíndose, ó tempo que se foron localizando nos lugares onde se contaban e, con pequenas variantes, atópanse estes contos espallados por terras galegas e portuguesas.
Estes contos son unha parte da nosa tradición oral, xurdida dos nosos devanceiros, e para que non se perdan, a Asociación cultural Aira das Mantas, quere dalos a coñecer ós nenos e nenas.

“O can e a raposa” é o segundo conto da colección Contos de Sempre. Conto de tradición oral publicado pola Asociación cultural Aira das Mantas, recollido por Luis del Campo Prol con ilustracións de Sara Fernández Díaz.