Feira Medieval

Feira medieval 2008 Maceda

Feira medieval 2008 Maceda

A fin de semana do 16 e 17 de agosto de 2008 celebrarase en Maceda a Feira Medieval na que a Asociación Cultural Aira das Mantas terá unha participación activa estando presente cun posto no que se elaborarán e mostrarán xogos tradicionais.

A Feira Medieval contará con seguinte programa de actividades:

Sábado 16 de agosto:
18:00 h. Apertura dos Postos pola rúa principal da Vila
22:30 h. Concerto Folk – Renato Spencer & Café Caxaça (brasil) e Zurrumalla (Galiza)

Domingo, 17 de agosto:
10:00 h. Apertura dos Postos
14:00 h. Desfile medieval dende a Praza das Toldas ata o Castelo
14:30 h. Xantar medieval na carballeira do Castelo de Maceda. (prezo 13 euros)
17:00 h. Exhibición de cabalos ata o centro da vila.
19:00 h. Concerto medieval a cargo da Coral Albricias de Maceda na Igrexa das Neves.