Polafía

20101113_polafia_03Onte, día 13 de novembro –como estaba previsto e cunha considerable asistencia de público- tivo lugar a Polafía que a Asociación cultural AIRA DAS MANTAS en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organizaron no Centro Sociocomunitario de Maceda.

Temos que salientar que –por causas alleas á vontade da Asociación quen tiña apalabrada a asistencia de 4 persoas máis que ían ser quen expuxera coñecementos e mais vivencias xa da súa vida profesional xa da non profesional- faltaron á cita, trastocando así a idea con que inicialmente, os organizadores desta Polafía, planificaramos a mesma; mais, podemos dicir -desde o noso punto de vista- que saiu non tan mal como nun principio nos levou a pensar ó non poder contar con todos/as aqueles/las  con quen pensabamos contar.

O que esta Polafía se desenvolvera dun xeito ameno, por así dicilo dada a tención e posteriores aplausos do público asistente, debémosllo a Antonio Reigosa (coordinador da AELG) polas súas demostradas dotes de excelente dinamizador que coa axuda dalgún dos presentes soubo ir involucrando a persoas que, ós poucos e sen decatarse –diría eu-,  foron sendo partícipes de algo para o que elas non supoñían estaban alí.

Así pois, participaron –á súa maneira- Carmiña, Teresa e Lola das cales a primeira se animou cun conto que fixo as delicias dos/das presentes.

Antes que éstas, Antonio Reigosa convidou a Jorge Cid (albardeiro de Maceda que xa se prestara a participar nesta Polafía) para que falara acerca da súa profesión.

Intercalando as actuacións duns e doutros/as foron intervindo as compoñentes do grupo de pandereteiras DEBANADOIRAS así como compoñentes da Banda de Gaitas de Maceda e que foron amenizando a velada con distintas pezas musicias.

Unha delas – solicitada por unha persoa de entre o público- deu por rematada a Polafía, non sen antes marcarse un baile unhas cantas mulleres das alí presentes.

 A parte literaria foi –marabillosamente- desenvolvida por Isidro Cid (compoñente da AELG) mediante a lectura de distintas poesías de autores ourensáns entre eles  Otero Pedrayo, Vicente Risco, …

Por último, atopándose entre o público Ambrosio –colaborador da Asociación cultural- foi convidado a participar e como é habitual nel fíxoo falando sobre o santuario dos Milagros, algo que el leva  estudiado xa hai moito tempo. Acerca disto, dicir que a súa exposición foi do gusto da xente asistente e ó final recompensado cuns agradecidos aplausos.

Antes de rematar este comentario, queriamos facer público o noso agradecemento a José María (compoñente do grupo da Banda de Gaitas de Maceda),  pois a súa esencial axuda e colaboración que brindou a Antonio Reigosa (que éste aproveitou moi habilmente para ir –como xa comentei anteriormente- involucrando a distintas persoas que estaban asistindo a esta Polafía) serviu para dinamizar e darlle certo protagonismo a varias das persoas que asistiron a este acto. Entre eles/elas cabe citar un señor -de avanzada idade e do cal non lembro o seu nome- que ó final facendo caso omiso dos “dardos” lanzados por José María para animalo a que contara os moitos contos e lendas que –segundo éste- sabe, saiu sen facernos partícipes dos seus supostos saberes.

Antes de dar por rematado este comentario o noso agradecemento á AELG, en particular ó seu coordinador Antonio Reigosa –con quen tivemos un fluído contacto para a planificación e organización desta Polafía- por  darnos a oportunidade de colaborar con ésta nunha actividade que tén como principal obxectivo “sonsacar” animando ás xentes para que compartan contando lendas, contos, cantando cantigas, recitando poesías, … e dándoas a coñecer a aqueles/las máis novos/as e, tamén, ós/ás que non o sendo non saben deles/las.

Tamén –como non- a Jorge Cid, ás compoñentes do grupo de pandereteiras DEBANADOIRAS e ós compoñente da Banda de Gaitas de Maceda, pola súa desinteresada participación e colaboración nesta Polafía, sen esquecernos de Isidro Cid.

Todos eles -ó remate da Polafía- foron convidados a uns pinchos con que a Asociación de Escritores en Lingua Galega quixo agradecerlles a súa importantísima e inestimable colaboración.

Para visionar os vídeos da Polafía en Maceda, clica en Polafía