Programa Letras Galegas 2015

cartel_LetrasGalegas2015Un ano máis achegámonos a unha das datas máis importantes da nosa cultura: o “DÍA DAS  LETRAS GALEGAS”; que este ano homenaxea ó escritor José Fernando Filgueira Valverde.

Co gallo desta conmemoración, a asociación cultural “AIRA DAS MANTAS”, sairá á rúa para celebrar esta data con todo aquel que queira achegarse para participar nas moitas actividades que imos levar a cabo.

O programa que se desenvolverá na praza das Toldas podes velo se clicas sobre o mesmo.

Faremos a presentación dun novo conto de tradición oral encadrado na Colección CONTOS DE SEMPRE e que leva por título A MANTEIGA. As ilustracións foron realizadas por LOIRO, de maneira totalmente altruísta, polo que aproveitamos estas liñas para agradecerlle a súa inestimable colaboración coa nosa Asociación e como non a Luís Del Campo quen tirou da nosa tradición todos os contos ata agora editados e publicados pola Asociación.

Haberá agasallos e outras actuacións “sorpresa”.

A asociación cultural “AIRA DAS MANTAS”, quere agradecer -por adiantado- a todos os participantes e colaboradores, que coa súa axuda totalmente desinteresada farán posible acadar unha xornada de ledicia para nenos e maiores.

Esperamos que esta programación anunciada teña unha boa acollida coa participación masiva de grandes e pequenos.

Acude!

Esperámoste!