Gran de millo

Portada conto

Accede ó Contido

Hai moito tempo, cando os animais falaban, nas noites de inverno a carón da lume, contaban contos e lendas os avós e as avoas ós seus netos e netas.

Ó longo dos anos foron transmitíndose, ó tempo que se foron localizando nos lugares onde se contaban e, con pequenas variantes, atópanse estes contos espallados por terras galegas e portuguesas.

Estes contos son unha parte da nosa tradición oral, xurdida dos nosos devanceiros, e para que non se perdan, a Asociación cultural Aira das Mantas, quere dalos a coñecer ós nenos e nenas.

“Gran de Millo” é o cuarto conto da colección Contos de Sempre. Conto de tradición oral publicado pola Asociación cultural Aira das Mantas, recollido por Luis del Campo Prol con ilustracións de Ángel González Formoso (Mino).