Letras Galegas 2012

Letras Galegas 2012

Letras Galegas 2012

O domingo 20 de maio de 2012 co motivo da celebración do día das Letras Galegas, e como ven sendo xa habitual, organizado pola Asociación Cultural Aira das Mantas de Maceda ca colaboración da Deputación de Ourense, o grupo de baile “Chouteiros”, o grupo de pandeiretas “Debanadoira” e a librería Eixo de Ourense tiveron varias actividades en torno a figura de Valentín Paz Andrade a quen se lle dedica o día este ano.

Organizáronse varias actividades culturais co seguinte programa:

Ás 12 da mañá, na praza das Toldas de Maceda, apertura da 5ª Feira do Libro en galego no que se presentou e agasallouse exemplares do conto de tradición oral :Gran de Millo”, recollido por Luís del Campo Prol con ilustracións de Ángel González Formoso (Mino), 4º número da colección “Contos de Sempre”.

Pola tarde, ás 17:30 horas, por Fran Guede: Contacontos, deseguido, actuación dos grupos locais: de pandereteiras “Debanadoira” e o grupo de baile “Chouteiros”.

O rematar as actuacións os/as nenos/as asistentes tiveron uns agasallos, xentileza da Deputación de Ourense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *